O contorno de traballo
Ao abrir o OpenShot, atopamos a seguinte interface:
Existen tres zonas básicas para desenvolver o traballo de edición que explicaremos nos próximos apartados:
(1) A biblioteca onde se organiza o proxecto, os efectos e as transicións.
(2) A ventá de previsualización do vídeo.
(3) As pistas onde se editan os vídeos, o son ou as imaxes.
Na parte superior temos:
Menú principal: despregando estes menús, aparecen as opcións para Crear novo proxecto, Desfacer a última acción, Refacer a última acción, Engadir ficheiro, Renderizar vídeo, Importar ficheiros, Crear títulos...
Barra de ferramentas de edición: a través de iconas, accedemos ás funcións máis utilizadas á hora de traballar. Permítennos abrir un novo proxecto, desfacer e refacer, importar ficheiros ou exportar o vídeo.
Dependendo da versión de OpenShot que teñamos, as cores, as iconas ou a estrutura da interface poden sufrir pequenas modificacións.
No hay comentarios:
Publicar un comentario