viernes, 18 de noviembre de 2011

Banco de sons

Banco de sons

Moitas veces precisamos un son determinado ou unha música para as nosas actividades con Audacity. Cómpre ter en conta que moitos dos sons que se atopan na rede están cubertos por unha licenza de Copyright e non podemos utilizalos libremente.

Fronte a estes ficheiros de son con permisos restrinxidos, existen as licenzas Creative Commons. Estas licenzas permiten o uso de son ou imaxes de forma gratuíta pero suxeitas a algunas restricións. Hai diversos tipos de licenzas Creative Commons, que se poden consultar en http://creativecommons.org/licenses/by-sa/3.0/es/.

Mais... como podemos atopar imaxes libres ou baixo licenza Creative Commons?

Na mesma páxina Creativecommons.org podemos atopar unha listaxe de enderezos de onde descargar música.

Ademais, temos outras opcións:

Banco de sons do Ministerio de Educación

The free sound project

Jamendo

Archive.org

FX sonidos gratis

Mediacollege.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario