lunes, 28 de noviembre de 2011

Ferramentas de vídeo: formatos

Curso de vídeo del CFR de Vigo.

Cando gravamos un vídeo coa nosa cámara dixital, este almacénase nun formato determinado pola propia cámara, como, por exemplo, MOV. Se descargamos un vídeo de YouTube, farémolo noutro formato, normalmente FLV. O noso móbil grava noutro diferente, como pode ser 3GP. E, se queremos pasar a DVD algún destes, teremos que convertelo a outro formato máis (MPEG-2). A variedade de formatos dixitais de vídeo dispoñibles é ampla.

Como xa dixemos, Openshot soporta moitos formatos de vídeo. Imos ver algunhas das extensións para ficheiros de vídeo máis coñecidas:

  • MOV (QuickTime Movie). Este formato foi creado por Apple e úsase, por exemplo, en iTunes.
  • AVI (Audio Vídeo Interleaved). En realidade, non é un formato senón un contentor que pode incluír distintos formatos de vídeo e audio, habitualmente MP4 para vídeo e MP3 para audio.
  • MPEG. Este é o formato habitual nos CD e DVD de vídeo. Existen diferentes versións; MPEG-4 é moi frecuente nos vídeos en streaming que podemos atopar en Internet e MPEG-2 é o que levan os DVD.
  • FLV. É un dos máis populares debido a YouTube. Desenvolvido por Macromedia, FLV non se distingue por unha gran calidade pois esta redúcese en detrimento da súa lixeireza, moi apropiada para o streaming.
  • 3GP. É un formato habitual para a gravación de vídeo con teléfonos móbiles.
  • WMV/WMA. É un formato propietario de Microsoft para audio e vídeo. É moi habitual en plataformas Windows.

Para ver os vídeos no computador, non só é necesario ter instalado o software de reprodución adecuado. Cada formato ten o seu códec correspondente que temos que ter instalado para que o reprodutor poida mostrar o vídeo. O códec é o que permite codificar e decodificar os distintos formatos de vídeo para a súa visualización no noso reprodutor.

Por exemplo, para poder ver os vídeos de YouTube debemos ter instalado os códecs Adobe Flash Player no noso ordenador.


bombilla_notasO streaming consiste nun fluxo continuo de datos (audio e vídeo) a través de Internet, por exemplo, cando vemos a televisión a través da web, como en CRTVG.es, estamos recibindo un streaming.

No hay comentarios:

Publicar un comentario