viernes, 18 de noviembre de 2011

Gravar unha locución, aplicar envolvente, esvaecer o son e finalmente exportalo

Gravar unha locución

    Audacity permite utilizar sons de diferentes fontes gravando o audio cun micrófono, dixitalizando gravacións analóxicas (por exemplo, de casetes ou discos) ou a través doutros ficheiros de audio que teñamos.

    Imos comezar a traballar cunha práctica moi sinxela pero que nos permitirá coñecer as principais funcionalidades de Audacity.

    Na nosa práctica, pretendemos gravar unha locución por riba dun fondo musical.

    1. En primeiro lugar, abrimos no Audacity o ficheiro de audio que desexamos empregar como fondo musical.

    2. Agora imos gravar a nosa voz recitando un texto. Para gravar boton_gravar debemos comprobar que o micro está ben instalado e que funciona correctamente.

    Ao comezar a gravar créase unha pista nova automaticamente, que pode ser dunha canle se gravamos en mono, ou de dúas se gravamos en estéreo, como xa dixemos. A gravación comezará onde teñamos situado o cursor, como se pode ver na seguinte captura:

    cadro_gravacion

    Se aínda non temos a música de fondo e non hai ningunha pista aberta, ao comezar a gravar abrirase automaticamente unha pista.

    3. Os niveis de intensidade da saída do son sinalan a intensidade da música de fondo que escollemos; aintensidade da entrada do micro marca a intensidade da voz que estamos gravando. Debemos procurar que exista certo equilibrio entre estes niveis para que non se sature o son e evitar que os niveis cheguen ao máximo.

    Aplicar Envolvente

    Neste momento, a voz e a música teñen o mesmo volume, así que a locución apenas se escoita como podedes comprobar no vídeo.

    Melloraremos considerablemente o resultado se baixamos o volume da música mentres soa a voz. Ímolo facer dun xeito directo e sinxelo coa ferramenta Envolvente.

    1. Prememos na ferramenta Envolvente e comprobamos que o punteiro cambia de forma.

    2. Facemos clic no punto exacto da pista de audio onde desexamos aumentar ou diminuír o volume; observamos que a pista cambia de cor e aparecen neste sitio oito puntos.

    3. Facendo clic nun dos puntos e arrastrando cara arriba aumentaremos o volume da pista. Pola contra, se arrastramos cara abaixo estaremos baixando o volume.

    envolvente

    Fade in / Fade out

    Este efecto é especialmente útil cando o noso ficheiro de son comeza ou remata dun xeito demasiado brusco ou repentino. Pode pasarnos cando o ficheiro de audio está cortado ou incompleto.

    Para disimular este comezo ou final repentino, podemos aplicarlle un efecto que incrementa ou esvaece o son progresivamente. Así, a pista irá incrementando (Fade in) ou esvaecendo (Fade out).

    Os pasos para aplicar o efecto son os seguintes:

    1. Seleccionamos o fragmento sobre o que aplicaremos o efecto.

    2. Se queremos esvaecer o comezo, seleccionamos a opción do menú Efecto > Fade In (Aparecer); se optamos por esvaecer o final, seleccionamos Fade Out (Esvaecer).

    Así se modificaría unha pista despois de aplicar o efecto Fade In:
    antes_despois_fadein
    E así veríamos os cambios tras aplicar o Fade Out:

    antes_depois_fadeout

    Existen outros efectos que poden ter interese para nós, tales como:

    Normalizar: este efecto acostuma a aplicarse ao final da gravación, cando xa imos rematar a nosa peza. Ao normalizar, conseguimos que todas as pistas teñan un volume similar.

    Eco: este efecto crea copias do son seleccionado e aplícalle un factor de atenuación, de xeito que o resultado é similar a un eco.

    Repetir: repite o son seleccionado o número de veces que indiquemos.

    Cando finalicemos todo o proceso de edición, xeraremos o ficheiro de son final, onde se combinarán todas as pistas. Para isto, debemos levar a cabo a exportación.

    1. Para exportar, iremos ao menú Arquivo > Exportar.

    2. Sairanos un cadro de diálogo onde poderemos especificar que formato eliximos para o noso arquivo: .mp3, .ogg, .acc...

    A opción Exportar múltiple permite exportar cada pista nun ficheiro de son independente.


    No hay comentarios:

    Publicar un comentario