viernes, 18 de noviembre de 2011

Contorno de traballo de Audacity

Agora imos comezar a traballar con Audacity. Ao abrilo, directamente veremos a seguinte interface:

interface_simple

Imos explicar as súas funcionalidades:

  • A Barra de título amosa o nome do programa e o nome do proxecto en que estamos.
  • A Barra de menús ofrécenos todos os comandos do programa.
  • Os Botóns de control permiten reproducir as pistas ou gravar novas pistas.
  • A Barra de ferramentas contén os botóns para funcións básicas: Selección, Envolvente, Debuxar, Zoom, Trasladar e modo Multiferramenta.
  • A Barra de niveis de intensidade mostra graficamente o nivel da pista que se está reproducindo ou gravando.
  • A Barra de mestura permite establecer o nivel de volume (intensidade) de saída (normalmente, os altavoces) e de entrada (o porto de entrada pode elixirse no cadro de lista despregable que hai á dereita).
  • A Barra de edición contén botóns para as operacións de edición máis habituais.
  • A Liña de tempo é a nosa referencia para coñecer a posición ou a duración do son que conteñen as pistas.
  • A Barra de estado ofrece información sobre as accións actuais.
  • Configuración básica

    Antes de comezar a traballar, convén definir as nosas preferencias no Audacity. Para iso, imos a Edición > Preferencias. Aparecerá un cadro de diálogo con varias seccións.

    Algunhas das máis importantes son as que atinxen á calidade e aos dispositivos. Se non temos ningunha dificultade na reprodución ou na gravación, non será necesario modificar a sección Dispositivos.

    Na sección Calidade é conveniente revisar dous valores:

    • A frecuencia de mostraxe (Default Sample Rate): vai definir a amplitude da onda da nosa peza de son, canto máis alta, mellor calidade, xa que recollerá máis sons (por defecto aparece 44100 Hz, pois é unha boa medida para traballar con certa calidade). Esta é a frecuencia que empregan os CD de audio.
    • O Bit Rate (Default Sample Format ou Taxa de bit) determina a calidade da resolución da mostra, canto maior sexa esta, maior será a calidade pero tamén o tamaño do ficheiro. De forma predeterminada vén marcado 32-bit float.

    configuracion_basica

No hay comentarios:

Publicar un comentario